Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Efecto de repercusión

Definición:

Trátase do efecto ou influencia que exercen os distintos tipos de exame e, en xeral, as distintas formas de examinar e avaliar sobre a metodoloxía de ensino. O efecto de repercusión é positivo cando, no caso dun exame importante, todas as actividades de ensino son unha preparación para ese exame. Un exemplo sería a realización dunha entrevista oral como exame ao final de curso co fin de comprobar o uso oral da lingua por parte do alumnado. No caso contrario, dáse un efecto de repercusión negativo, por exemplo, cando tanto o contido como as técnicas utilizadas nunha proba non se corresponden cos obxectivos marcados nun curso de ensino.

No noso país, algúns profesionais manteñen que o actual modelo de exame de acceso á Universidade, coñecido popularmente como “exame de selectividade”, ten un efecto de repercusión “positivo”, aínda que en realidade pode resultar perxudicial para os programas de Bacharelato, xa que estes se ven condicionados en demasía pola natureza e características desta proba.

Bibliografía: 

Fulcher, G. 2010. Practical Language Testing. London: Hodder Education.

Hughes, A. 1989. Testing for Language Teachers. Cambridge: Cambridge University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Efecto de repercusión
Inglés: 
Back-wash effect /Washback effect
Francés: 
Effet de répercussion
Alemán: 
Back-wash-Effekt
Italiano: 
Effetto di ripercussione
Portugués: 
Efeito de backwash
Ruso: 
Обратный эффект
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/efecto-repercusion, con data de acceso 18/09/2024).