Richards, J. C. & Nunan, D. (eds.). 1990. Second Language Teacher Education. Cambridge; New York: Cambridge University Press.
Termo que se utiliza fundamentalmente dentro dos programas de formación do profesorado para referirse a un tipo de actividades que buscan principalmente a reflexión crítica do docente sobre o seu propio ensino. A filosofía que subxace a esta teoría é que da reflexión xurdirá sen dúbida un mellor docente. Schön (1995) vai máis aló e insiste na necesidade de coñecer algo en acción para pasar a continuación á reflexión en acción, porque deste xeito os docentes se converten en investigadores dentro da súa propia área de traballo. Son varios os instrumentos que o profesor pode utilizar para reflexionar sobre a súa práctica docente: diarios onde se van anotando as dificultades e incidencias que van xurdindo, gravacións en magnetófono ou en vídeo para despois escoitalas e visionalas con sentido crítico, e discusións máis ou menos organizadas con outros colegas para intercambiar opinións e puntos de vista sobre as súas experiencias na aula.
Richards, J. C. 1990. The Language Teaching Matrix. New York: Cambridge University Press.
Schön, D. 1995. The Reflective Practitioner. How Professionals Think in Action. London: Temple-Smith.
Wallace, M. J. 1991. Training Foreign Language Teachers: A Reflexive Approach. Cambridge: Cambridge University Press.