Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Investigación-acción

Definición:

Modalidade de investigación por medio da cal grupos de persoas reflexionan, a partir de datos recollidos de modo sistemático, sobre algún aspecto do seu traballo co obxectivo de mellorar progresivamente as súas propias prácticas. Na investigación educativa os proxectos de investigación-acción adoitan implicar a grupos de profesores, aínda que poden integrarse tamén estudantes, directores de centros, pais, etc.

Pódese falar de sete etapas principais neste proxecto:

  1. Iniciación. Un docente sinala algún problema que xurdiu nas súas clases, por exemplo, a aparente falta de motivación dos seus alumnos.
  2. Investigación preliminar. Recóllense datos a través da observación e a gravación de clases.
  3. Hipótese. Logo de revisar os datos iniciais, formúlase a hipótese de que ao alumnado lle falta motivación porque o contido do curso é inadecuado para as súas necesidades e intereses.
  4. Intervención. O docente desenvolve estratexias para lograr que os alumnos relacionen o contido das clases coas súas propias situacións e intereses.
  5. Avaliación. Logo de varias semanas, grávase a clase de novo. Agora os alumnos se implican máis, e hai maior número de interaccións iniciadas por eles mesmos.
  6. Diseminación. O docente realiza un obradoiro para os seus compañeiros de traballo e posiblemente presente os resultados nun congreso ou xornada sobre a aprendizaxe de linguas.
  7. Seguimento. O docente investiga métodos alternativos para motivar aos seus alumnos.
Bibliografía: 

Allwright, R. L. 1988. Observation in the Language Classroom. London: Longman.

Elliott, J. 1990. La investigación-acción en educación. Madrid: Ediciones Morata S.A.

Kemmis, S. & McTaggart, R. 1988. The Action Research Planner. Geelong, Vic: Deakin University.

Nunan, D. 1992. Research Methods in Language Learning. Cambridge: Cambridge University Press.

Schön, D. 1995. The Reflective Practitioner. How Professionals Think in Action. London: Temple-Smith.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Investigación-acción
Inglés: 
Action research
Francés: 
Recherche-action
Alemán: 
Aktionsforschung/ Handlungsforschung
Italiano: 
Ricerca attiva
Polaco: 
Badania w działaniu
Portugués: 
Investigação-ação
Ruso: 
Практические исследования
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/investigacion-accion, con data de acceso 23/01/2025).