Benedict, R. 1934. Patterns of Culture. New York: Houghton Mifflin.
Capacidade para imaxinar e compartir os pensamentos, sentimentos e puntos de vista doutra persoa. Na aprendizaxe de segundas linguas aplícase á capacidade do aprendiz para identificarse co comportamento lingüístico dos falantes da segunda lingua, xa que se considera que a empatía está relacionada coa actitude que mostramos cara a unha persoa ou cara a un grupo de diferente lingua e cultura. Canto maior é a capacidade de identificación coa cultura e os falantes da segunda lingua, maior é o grao de éxito que se pode lograr na aprendizaxe. O concepto de aproximación e identificación con outra cultura pode remontarse aos estudos de Benedict (1934) sobre modelos culturais.
Brown, H. D. 1980. "The Optimal Distance Model of Second Language Acquisition". TESOL Quarterly 14: 157-64.
Eisenberg, N. & Streyer, J. 1987. Empathy and its Development. Cambridge: Cambridge University Press.
Gardner, R. C. & Lambert, W. 1972. Attitudes and Motivation in Second Language Learning. Rowley, Mass.: Newbury House.