Cutrim Schmid, E. & Whyte, S. (eds.) 2014. Teaching Languages with Technology. Communicative Approaches to Interactive Whiteboard Use. London: Bloomsbury Academic.
Un encerado dixital (ED) é un sistema tecnolóxico que permite reproducir sons e proxectar imaxes sobre unha pantalla para ser visualizados en grupo, o que resulta moi útil na docencia ao permitir integrar elementos multimedia na aula. O encerado dixital consta dun ordenador (é conveniente que estea conectado a Internet) e un videoproxector acoplado ao mesmo. Requírese así mesmo unha superficie de proxección (un encerado ou parede branca, ou unha pantalla de proxección). A interacción coas imaxes proxectadas lévase a cabo a través dos periféricos do ordenador (por exemplo, o rato ou o teclado). Pola súa parte, un encerado dixital interactivo (EDI, en inglés Interactive Whiteboard ou IWB) incorpora, ademáis do ordenador e o videoproxecor, un dispositivo de control de punteiro (un lapis-punteiro), que permite interactuar directamente sobre a superficie de proxección. Se se trata dun EDI táctil é posible interactuar tamén cos dedos.
Os encerados dixitais ofrecen moitas posibilidades para o ensino de linguas, ao permitir integrar imaxe, son e texto, e favorecer a aprendizaxe interactiva. O seu emprego pode contribuír a mellorar a comprensión e produción oral do alumnado, así como incrementar a súa motivación e participación na aula. Nos últimos anos moitos libros de texto dirixidos aos estudantes de linguas incorporan materiais especialmente concebidos para o uso do encerado dixital.
Durán, A. & Cruz, M. 2011. “The Interactive Whiteboard and Foreign Language Learning: A Case Study.” Porta Linguarum 15: 211-231.
Molina-Oltra, M. & Sampietro, A. 2015. “Propuestas didácticas para el uso de Internet y la pizarra digital en contextos de educación bilingüe.” Digital Education Review 28: 1-18.