Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Retención

Definición:

Capacidade para recordar ou reter información tras un certo período de tempo. No ensino de linguas a metodoloxía utilizada polo profesor e o tipo de material que se emprega como apoio didáctico poden influír na retentiva do alumno. Por exemplo, se se ensina un tema a través de contos ou mostrando debuxos rechamantes, é probable que esa información sexa máis fácil de reter do que sería se o docente presentara ese mesmo tema ou cuestión sen apoio audiovisual. Outros factores que contribúen á retentiva son o interese e a motivación do alumno. 

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

McDonough, S. H. 1981. Psychology in Foreign Language Teaching. London: George Allen and Unwin.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Retención
Inglés: 
Retention
Francés: 
Rétention
Alemán: 
Behalten
Italiano: 
Ritenzione
Portugués: 
Retenção
Ruso: 
Удержание / Сохранение
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/retencion, con data de acceso 18/09/2024).