Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Puntuación bruta

Definición:

En exames e estatística, puntuación presentada en termos do seu valor numérico orixinal, é dicir, non transformado noutro tipo de valor. Por exemplo, o número de respostas correctas nun exame ou, en certos casos, o número de erros, poden ser puntuacións brutas. En ocasións é necesario transformar estes valores en puntuacións derivadas, por exemplo, porcentaxes, percentís, ou algún tipo de puntuación estándar.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Brown, J. D. 1988. Understanding Research in Second Language Learning: A Teacher’s Guide to Statistics and Research Design. Cambridge: Cambridge University Press.

Fulcher, G. 2010. Practical Language Testing. London: Hodder Education.

Lado, R. 1972. Language Testing. The Construction and Use of Foreign Language Tests. London: Longman. 7th impression.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Puntuación bruta
Inglés: 
Raw score
Francés: 
Note brute
Alemán: 
Rohwert
Italiano: 
Punteggio lordo
Portugués: 
Pontuação bruta
Ruso: 
Предварительная оценка
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/puntuacion-bruta, con data de acceso 19/04/2024).