Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Proxecto DIALANG

Definición:

Sistema de avaliación concibido para aprendices de linguas que queiran obter información sobre o seu nivel de competencia lingüística. Trátase dun proxecto financiado pola Comisión Europea a través da Dirección Xeral de Educación e Cultura. Consiste en escalas de autoavaliación, exames ou probas da lingua correspondente e información sobre os resultados obtidos. Este sistema de valoración, dispoñible en 14 linguas europeas diferentes, está dirixido fundamentalmente a adultos. Ademais de proporcionar información sobre o nivel alcanzado, ofrece tamén consello e pautas de actuación para mellorar no dominio da lingua. As escalas de valoración utilizadas están baseadas no marco europeo común de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Consejo de Europa. 2001. Common European Framework of Reference for Languages: Learning, Teaching, Assessment. Cambridge: Cambridge University Press. (Existe también una traducción-adaptación española del 2002 por parte del Instituto Cervantes, publicada en Madrid por el Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, y la editorial Anaya).

Correspondencia noutros idiomas
Galego: 
Proxecto DIALANG
Inglés: 
DIALANG project
Francés: 
Projet DIALANG
Alemán: 
DIALANG-Projekt
Italiano: 
Progetto DIALANG
Portugués: 
Projeto DIALANG
Ruso: 
Проект DIALANG
Entrada anterior / seguinte:

Cómo citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/proxecto-dialang, con data de acceso 04/12/2020).