Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Procesamento de distribución paralela

Definición:

Teoría cognitiva desenvolvida por Rumelhart e McClelland (1986) no ámbito da adquisición dunha segunda lingua. Segundo estes autores, o coñecemento consiste nunha armazón de ligazóns entre unidades que non se corresponden con ningún constructo lingüístico determinado. O fortalecemento ou debilitamento entre estas conexións en resposta a estímulos do aducto constitúe a base da aprendizaxe. Esta aprendizaxe, con todo, non estará completa ata que a armazón sexa a mesma que a dun falante nativo.

Bibliografía: 

Rumelhart, D. E. & McClelland, J. L. 1986. Parallel Distributed Processing: Explorations in the Microstructure of Cognition. Cambridge, Mass.: MIT Press.

Schmidt, R. W. 1988. “The Potential of Parallel Distributed Processing for SLA Theory and Research.” University of Hawaii Working Papers in ESL 7/1: 55-66.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Procesamiento de distribución paralela
Inglés: 
Parallel distributed processing
Francés: 
Traitement de distribution parallèle
Alemán: 
Parallele Verarbeitung
Italiano: 
Elaborazione a distribuzione parallela
Portugués: 
Processamento de distribuição paralela
Ruso: 
Параллельная распределенная обработка
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/procesamento-distribucion-paralela, con data de acceso 19/04/2024).