Alderson, J. C., Clapham, C. & Wall, D. 1995. Language Test Construction and Evaluation. Cambridge: Cambridge University Press. (También existe una traducción al español en la misma editorial publicada en Madrid, 1998).
Proba na que, partindo dunha serie de obxectivos fixados con antelación, se mide o grao de aprendizaxe do material presentado durante un curso académico nun programa de estudos determinado. As probas de rendemento académico poden ser de dous tipos:
- proba de rendemento académico final, á que se somete o estudante ao final do curso, por exemplo, o exame final de nivel nunha escola oficial de idiomas; e
- proba de rendemento académico de progreso, que mide as distintas etapas que van cara ao logro dos obxectivos marcados por un programa.
O contido das probas de rendemento académico debe seguir fielmente os exercicios, materiais e libros ou manuais empregados durante o curso.
Entradas relacionadas:
Bibliografía:
Hughes, A. 1989. Testing for Language Teachers. Cambridge: Cambridge University Press.