Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Escola Oficial de Idiomas (EOI)

Definición:

No sistema educativo español, centro público especializado no ensino de linguas estranxeiras, aínda que nalgunhas destas escolas tamén se imparten cursos de lingua española para estranxeiros, así como cursos de galego, valenciano, catalán e vasco. Polo xeral, existe unha institución deste tipo en todas as capitais de provincia e en poboacións importantes de todo o Estado. No caso concreto de Galicia, disponse de Escolas de Idiomas nas cidades de A Coruña, Ferrol, Lugo, Monforte de Lemos, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago, Vigo, Vilagarcía e Viveiro. Nestas escolas impártense os ensinos estruturados en ciclos de básico, intermedio e avanzado, cada un con dous anos de duración. Ao finalizar e superar estes ciclos obtense un certificado que acredita o nivel correspondente. No entanto, a organización xeral destes ensinos está agora adaptada aos niveis, escalas e descritores recomendados polo Consello de Europa a través do marco europeo común de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación.

As ensinanzas que se imparten nestes centros están reguladas polos decretos que figuran máis abaixo no apartado bibliográfico. Os títulos ou diplomas obtidos nestas institucións teñen recoñecemento en todo o ámbito estatal, aínda que a súa validez real non está perfectamente delimitada nin tampouco se recoñecen en ocasións fóra do Estado español.

Portal Escuelas Oficiales de Idiomas: infoeoi.com

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Real Decreto 1523/1989, de 1 de diciembre, por el que se aprueban los contenidos mínimos del primer nivel de las enseñanzas especializadas de idiomas extranjeros. BOE del 18/12/1989. 

Real Decreto 1629/2006, de 29 de diciembre, por el que se fijan los aspectos básicos del currículo de las enseñanzas de idiomas de régimen especial reguladas por la Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación. 

Real Decreto 423/2005, de 18 de abril, por el que se fijan las enseñanzas comunes del nivel básico de las enseñanzas de idiomas de régimen especial, reguladas por la Ley Orgánica 10/2002, de 23 de diciembre, de Calidad de la Educación. BOE del 30/04/2005.

Real Decreto 47/1992, de 24 de enero, por el que se aprueban los contenidos mínimos correspondientes a las enseñanzas especializadas de las lenguas españolas, impartidas en las Escuelas Oficiales de Idiomas. BOE del 05/02/1992.

Real Decreto 944/2003, de 18 de julio, por el que se establece la estructura de las enseñanzas de idiomas de régimen especial reguladas por la Ley Orgánica 10/2002, de 23 de diciembre, de Calidad de la Educación. BOE del 31/07/2003. 

Real Decreto 967/1988, de 2 de septiembre, sobre ordenación de las enseñanzas correspondientes al primer nivel de las enseñanzas especializadas de idiomas. BOE del 10/09/1988.

Correspondencia noutros idiomas
Galego: 
Escola Oficial de Idiomas (EOI)
Entrada anterior / seguinte:

Cómo citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/escola-oficial-idiomas-eoi, con data de acceso 29/09/2020).