Convenio por el que se establece el Estatuto de las Escuelas Europeas, hecho en Luxemburgo el 21 de junio de 1994, BOE 110, 06/05/2004
Centros educativos creados polos gobernos dos Estados membros da Unión Europea co obxectivo de ofrecer unha educación multicultural e multilingüe. As devantidas escolas destínanse prioritariamente a fillos de funcionarios das institucións europeas. Xurídicamente considéranse centros de ensino público nos seus respectivos países. Ofrecen ensinanzas de educación infantil, primaria e secundaria, e o alumnado recibe parte da súa instrución na súa lingua materna e parte noutra lingua maioritaria da Unión, podendo escoller entre inglés, francés ou alemán. O alumnado divídese así en seccións lingüísticas, e ao rematar a educación secundaria obtén o Título de Bacharelato Europeo, que se considera equivalente aos títulos y probas nacionais oficiais dos Estados membros da Unión Europea. Ver tamén Educación Secundaria Post-Obrigatoria (ESPO)