Hughes, A. 1989. Testing for Language Teachers. Cambridge: Cambridge University Press.
Exame que mide o dominio xeral que ten o estudante sobre unha lingua e que non adoita ir ligado a ningún curso de ensino en especial. En ocasións o exame de coñecementos utilízase cun propósito específico; por exemplo, un exame de coñecementos avaliaría se unha persoa pode desempeñar as funcións de tradutor nas Nacións Unidas, ou estudar nunha universidade americana. Como casos concretos deste tipo de exame podemos mencionar as probas para alumnos libres de cada un dos cursos da Escola Oficial de Idiomas (EOI), os exames do DELE, o exame TOEFL ou as probas de nivel de inglés da Universidade de Cambridge (Reino Unido).
Bibliografía: