Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

DELE

Definición:

Siglas utilizadas en español para referirse ao "Diploma de español como lingua estranxeira".

Os diplomas DELE foron creados en 1988 para difundir o español e incrementar a presenza da cultura española no exterior. Conforme ao que se establece no Marco Común Europeo de Referencia  para as linguas (MCER), os Diplomas de español como lingua estranxeira están estruturados en seis niveles distintos: A1, A2, B1, B2, C1 e C2, que substitúen aos antigos niveis Certificado Inicial de Español, Diploma Básico de Español e Diploma Superior de Español. O actuais seis niveles, así como os requisitos para a súa obtención, aparecen recollidos no RD 264/2008 do 22 de febreiro, que modifica o RD 1137/2002 do 31 de outubro, nos que se designa ao Instituto Cervantes, en estreita colaboración co Ministerio de Asuntos Exteriores e o Ministerio de Educación, como entidade encargada de favorecer e potenciar o recoñecemento internacional dos devanditos diplomas, así como da preparación das probas e entrega dos diplomas resultantes. A Universidade de Salamanca colabora co Instituto Cervantes tanto no deseño como na avaliación das probas.

Bibliografía: 

MEC (Ministerio de Educación y Ciencia), Universidad de Salamanca e Instituto Cervantes. 1994. Certificado Inicial de Español. Madrid: MEC.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
DELE (Diploma de Español como Lengua Extranjera)
Ruso: 
Диплом испанского языка как иностранного
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/dele, con data de acceso 18/04/2024).