Institución pública española, sen ánimo de lucro, creada en 1991 para a promoción e o ensino da lingua española, así como para a difusión da cultura española e hispanoamericana. As súas sedes centrais atópanse en Madrid e Alcalá de Henares e posúe ademais centros en catro continentes. Entre as súas actividades e obxectivos destacan, por exemplo, a organización de cursos xerais e especiais de lingua española, a acreditación mediante certificados e diplomas dos coñecementos adquiridos polo alumno, a organización de exames para a obtención dos Diplomas Oficiais de Español como Lingua Estranxeira (DELE), a actualización dos métodos de ensino e a promoción da formación do profesorado, o apoio ao labor dos hispanistas, a publicación de obras de carácter literario ou científico (anuarios, actas de congresos, catálogos de materiais para o ensino e aprendizaxe do español, etc.), ou a organización de actividades culturais de diversa índole (conferencias, concertos, exposicións, etc.). ⇒ tamén Apéndice II; http://www.cervantes.es.
Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
Instituto Cervantes
Definición:
Correspondencia noutros idiomas
Ruso:
Институт Сервантеса
Entrada anterior / seguinte:
Como citar esta páxina
Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/instituto-cervantes, con data de acceso 07/02/2025).