Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Instituto da Lingua Galega

Definición:

Tamén ILG.

Centro adscrito á Universidade de Santiago de Compostela dedicado á investigación e á publicacion de traballos sobre a lingua galega, e que desenvolve a súa tarefa en varios eidos: fonética, gramática, lexicografía, onomástica, historia da lingua, sociolingüística, xeografía lingüística e dialectoloxía. Creado en 1971, colabora con outras institucións como a Xunta de Galicia ou a Real Academia galega (⇒ real academia galega) para levar a cabo variadas actividades, tales como proxectos, conferencias, simposios, cursos de formación, e tarefas de asesoría técnica e normativa sobre o uso do galego, ademáis de participar xunto coa Real Academia Galega na formulación das normas da lingua. Entre os proxectos que se están a desenvolver no centro, cómpre destacar os seguintes (todos eles dispoñibles como recursos electrónicos):

  1. A Cartografía dos Apelidos de Galicia, unha representación gráfica da distribución de apelidos no territorio galego.
  2. O TILG (“Tesouro informatizado da lingua galega”), unha coleccion informatizada de textos en galego pertencentes a distintos xéneros e rexistros desde o ano 1612 ata o 2002. Esta base de datos permite facer buscas de diversos tipos (por exemplo, buscas por terminación, ou buscas dunha ou de dúas palabras); así mesmo, amosa e amplía os contextos de uso dos termos buscados e permite restrinxir os resultados por datas, autores, obras, etc.
  3. O TMILG (“Tesouro medieval informatizado da lingua galega”), outro corpus informatizado no que se recollen documentos en romance galego da época medieval. Este corpus forma parte do proxecto “Tesouro medieval galego-portugués”, e constitúe xunto co TILG o corpus histórico do Instituto da Lingua Galega.
  4. O VOLGA (“Vocabulario ortográfico da lingua galega”).
Entradas relacionadas: 
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/instituto-lingua-galega, con data de acceso 15/09/2024).