Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Exame TOEFL

Definición:

exame de coñecementos do inglés americano cun formato estandarizado. As súas siglas equivalen a Test of English as a Foreign Language, é dicir, “Exame de inglés como lingua estranxeira”. Este exame utilízano practicamente todas as institucións universitarias americanas para avaliar a capacidade lingüística do alumno de fala non inglesa que quere iniciar os seus estudos nas devanditas universidades. O exame TOEFL é un exemplo de exame controlado por computador que está formado por preguntas de elección múltiple. Cobre tres áreas de dominio lingüístico:

  1. comprensión oral;
  2. estruturas morfosintácticas e expresión escrita; e
  3. vocabulario e comprensión escrita.
Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Fulcher, G. 2010. Practical Language Testing. London: Hodder Education.

Greenberg, K. 1986. “The Development and Validation of the TOEFL Writing Test: A Discussion of TOEFL Research Reports 15 and 19.” TESOL Quarterly 20: 531-544.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Examen TOEFL
Inglés: 
TOEFL test
Francés: 
Examen TOEFL
Alemán: 
TOEFL-Test
Italiano: 
Esame TOEFL
Polaco: 
Egzamin TOEFL
Portugués: 
Teste TOEFL
Ruso: 
Экзамен TOEFL
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/exame-toefl, con data de acceso 09/10/2024).