Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Período silencioso

Definición:

Algúns expertos no ensino de segundas linguas estiman que, do mesmo xeito que ocorre no proceso de adquisición da primeira lingua, os estudantes que comezan o estudo dunha lingua estranxeira deben dispor dun período silencioso no que reciban a suficiente información lingüística antes de iniciar a produción na lingua meta. Este período silencioso permite, de acordo cos defensores deste suposto, adquirir de forma natural e sen ansiedade un número importante de estruturas e expresións gramaticais. Esta tese contrasta coa opinión doutros profesionais do ensino de segundas linguas que consideran que o estudante debe empezar a expresarse na segunda lingua xusto desde o primeiro día do comezo da súa aprendizaxe.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Ellis, R. 1994. The Study of Second Language Acquisition. Oxford: Oxford University Press.

Willis, J. 1996. A Framework for Task-Based Learning. London: Longman.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Período silencioso
Inglés: 
Silent period
Francés: 
Période de silence
Alemán: 
Periode des Schweigens
Italiano: 
Periodo silenzioso
Polaco: 
Okres cichy
Portugués: 
Período silencioso
Ruso: 
Тихий период
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/periodo-silencioso, con data de acceso 19/04/2024).