Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Microensino

Definición:

Aproximación á formación do profesorado en boga nos anos 70 do século pasado e cuxo obxectivo era fornecer ao profesor dunha formación práctica en determinados aspectos, tales como as diversas formas de iniciar unha clase, a explicación dun concepto determinado, o emprego de axudas visuais, ou as técnicas de dinámica e control do grupo de estudantes. Todo iso practicábase cun pequeno grupo de estudantes (en moitos casos, compañeiros de curso do futuro profesor responsable da práctica), e gravábase en vídeo para o seu posterior estudo polo propio estudante na compañía dun profesor/a-titor/a de recoñecida experiencia. O obxectivo último era que o profesor en prácticas aprendese destas sesións con vistas a mellorar a súa formación e práctica docente cando se tivese que enfrontar cun grupo real de estudantes. 

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Brown, J. D. 1988. Understanding Research in Second Language Learning: A Teacher’s Guide to Statistics and Research Design. Cambridge: Cambridge University Press.

Chaudron, C. 1988. Second Language Classrooms. Research on Teaching and Learning. Cambridge: Cambridge University Press.

Nunan, D. 1992. Research Methods in Language Learning. Cambridge: Cambridge University Press.

Richards, J. C. & Nunan, D. (eds.). 1990. Second Language Teacher Education. Cambridge; New York: Cambridge University Press.

Wallace, M. J. 1991. Training Foreign Language Teachers: A Reflexive Approach. Cambridge: Cambridge University Press.

Woodward, T. 1991. Models and Metaphors in Language Teacher Training. Cambridge: Cambridge University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Microenseñanza
Inglés: 
Microteaching
Francés: 
Microenseignement
Alemán: 
Microteaching
Italiano: 
Microinsegnamento
Polaco: 
Mikronauczanie
Portugués: 
Microensino
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/microensino, con data de acceso 07/12/2024).