Tarone, E. & Yule, G. 1989. Focus on the Language Learner. Oxford: Oxford University Press, 1989.
actividade didáctica que consiste nunha conversa en grupo (ben sexa un grupo reducido de estudantes ou toda a clase), orientada cara a un obxectivo concreto, e que adoita promover a interacción entre docente e discentes para elixir o tema. Pode usarse como técnica para desenvolver habilidades propias da comunicación oral como, por exemplo, a organización de quendas de fala. Empréganse catro procedementos de debate distintos, que se diferencian no grao de intervención que exerce o docente:
- Recitado. Debate dirixido polo profesor, coidadosamente estruturado, e no que o docente comproba se os estudantes aprenderon certos aspectos.
- Debate guiado. De estrutura máis flexible, no que o profesor potencia a comprensión dos contidos importantes.
- Debate reflexivo. É o de estrutura máis flexible de todos. O alumno exercita formas de pensamento críticas e creativas, soluciona problemas e explora novos temas.
- Debate en grupos reducidos. A clase divídese en grupos pequenos e os estudantes asumen responsabilidades para realizar o debate.
Entradas relacionadas:
Bibliografía: