Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Memorización

Definición:

Proceso polo que a información se fixa na memoria. En ocasións memorizar implica unha aprendizaxe mecánica. Aínda que na aprendizaxe dunha segunda lingua é necesario ás veces memorizar, é dicir, aprender de forma mecánica certas regras gramaticais ou significados de palabras, no posible o máis efectivo é evitar memorizar por memorizar. Débese tender, xa que logo, a unha aprendizaxe significativa na que o alumno, ademais de entender o que memoriza, poida establecer conexións cos seus coñecementos previos.

Bibliografía: 

McDonough, S. H. 1981. Psychology in Foreign Language Teaching. London: George Allen and Unwin.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Memorización
Inglés: 
Memorization
Francés: 
Mémorisation
Alemán: 
Auswendiglernen/ Memorisieren
Italiano: 
Memorizzazione
Polaco: 
Zapamiętywanie
Portugués: 
Memorização
Ruso: 
Запоминание
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/memorizacion, con data de acceso 04/10/2024).