Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Mercado virtual de linguas

Definición:

Un marketplace ou mercado virtual de linguas é un portal de aprendizaxe de linguas estranxeiras por Internet. Entre os máis coñecidos atópanse servizos como Italki ou Myngle. Un marketplace bríndalle ao aprendente a posibilidade de atopar un titor de linguas cun determinado perfil (lingua, especialidade, experiencia, prezo, etc.) e a estes ofrecer os seus servizos a cambio dunha remuneración económica. Fundamentalmente, estes portais conteñen un directorio de profesores de linguas estranxeiras con valoracións da súa capacidade e desempeño por profesional por parte dos usuarios. As leccións son individuais e cara a cara, a través de vídeo chamada, aínda que poden completarse con tarefas complementarias que o profesor envía ao estudante. A principal vantaxe deste tipo de servizos para o discente é a flexibilidade de horarios, prezos e contidos - a posibilidade de acceder a unha aprendizaxe axustada ás súas necesidades específicas, en ocasións tras un diagnóstico inicial de competencia e necesidades. As vantaxes para o docente son a posibilidade de dispor dunha plataforma laboras que lle permite dar a coñecer os seus servizos a nivel global, dispor de ferramentas tecnolóxicas para o desenvolvemento da súa actividade (servizo de videochamadas) e xestionar os cobros. Un mercado de linguas virtual distínguese doutros tipos de comunicades "estruturadas" de aprendizaxe de linguas (e.g. Busuu, Babbel, Livemocha) nas que, xeralmente, non hai planificación/estruturación de obxectivos ou contidos, por exemplo, nun curso dunha duración determinada, nin materiais de aprendizaxe. Tamén se diferencia doutros servizos como os sitios de intercambio lingüístico (e.g. Polyglot Club), en que nestes últimos os intercambios lévanse a cabo entre aprendentes, sen la mediación dun titor.

Bibliografía: 

Hockly, N. 2015. "Developments in online language learning". Elt Journal 69/3: 308-313.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Mercado virtual de lenguas
Inglés: 
Online language marketplace
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/mercado-virtual-linguas-0, con data de acceso 19/03/2024).