Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Medida sintáctica de bilingüismo

Definición:

método experimental que consiste en recoller datos sobre o desenvolvemento da aprendizaxe dunha segunda lingua e amosarlles aos suxeitos da investigación unha serie de fotos que deben describir e que foron seleccionadas para propiciar o uso de determinadas estruturas sintácticas. Os autores deste instrumento afirmaban que os datos lingüísticos así recollidos reflicten un uso natural da lingua.

Bibliografía: 

Burt, M., Dulay, H. & Hernández Chavez E. 1973. Bilingual Syntax Measure. New York: Harcourt Brace Jovanovich.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Medida sintáctica de bilingüismo
Inglés: 
Bilingual syntax measure
Francés: 
Mesure syntaxique de bilinguisme
Alemán: 
Bilingual syntax measure/ Bilingualer Syntaxtest
Italiano: 
Misura sintattica di bilinguismo
Portugués: 
Medida sintática bilingue
Ruso: 
Двуязычная синтаксическая мера
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/medida-sintactica-bilinguismo, con data de acceso 10/12/2024).