Oller, J. 1979. Language Tests at School. London: Longman.
Teoría da adquisición das linguas que propugna a existencia dun único constructo responsable da capacidade lingüística. De acordo con esta proposta, o desenvolvemento das destrezas nun determinado dominio lingüístico transfírese de forma automática aos outros dominios. Disto despréndese ademais que a persoa que aprende unha lingua posúe unha competencia innata que pode ser medida e avaliada por medio dun único exame. A esta hipótese opónselle a hipótese da competencia divisible, que postula a existencia de diferentes graos de dominio por parte do alumno en distintas destrezas da lingua.
Bibliografía: