Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Hipótese da construción creativa

Definición:

Teoría que considera a aprendizaxe da lingua como un proceso activo e creativo. Esta hipótese parte de tres presupostos xerais:

  1. a adquisición da lingua caracterízase por un tipo de organización mental innata que leva ao estudante a utilizar unha clase determinada de estratexias de procesamiento;
  2. o aprendiz utiliza esas estratexias en forma de regras lingüísticas que vai adaptando gradualmente na súa organización da lingua; e
  3. segundo algúns autores, como Dulay e Burt (1974), este proceso na L1 está regulado pola propia L1 e na L2 pola propia L2, polo que son procesos independentes. Con todo, é probable que o proceso de construción creativa na L2 estea influído por algúns parámetros da L1.
Bibliografía: 

Dulay, H. & Burt, M. 1974. “You can’t Learn without Goofing”, in Richards, J. C. (ed.). Error Analysis. London: Longman, pp. 95-123.

White, L. 1989. Universal Grammar and Second Language Acquisition. Amsterdam: John Benjamins.

Zobl, H. 1989. “Modularity in Adult L2 Acquisition”. Language Learning 39: 49-79.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Hipótesis de la construcción creativa
Inglés: 
Creative construction hypothesis
Francés: 
Hypothèse de la construction créative
Alemán: 
Creative-construction-Hypothese
Italiano: 
Ipotesi della costruzione creativa
Polaco: 
Hipoteza kreatywnej konstrukcji
Portugués: 
Hipótese da construção criativa
Ruso: 
Гипотеза творческого развития
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/hipotese-construcion-creativa, con data de acceso 19/09/2024).