Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Familiaridade co tipo de exame

Definición:

Coñecemento previo que posúe o alumno sobre o formato do exame que ten que realizar. No caso de que o alumno non estivese familiarizado co tipo de proba á que se vai presentar, o profesor debería reducir o impacto sobre a actuación do alumno no exame, controlando o tempo, lendo as preguntas en voz alta, eliminando alternativas nos tests ou probas de elección múltiple. A falta de familiaridade do alumno co tipo de exame podería verse reflectida de forma directa na puntuación obtida. Trátase, xa que logo, dunha circunstancia que o examinador ha de ter en conta á hora de avaliar a un estudante.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Bachman, L. F. 1990. Fundamental Considerations in Language Testing. Oxford: Oxford University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Familiaridad con el tipo de examen
Inglés: 
Familiarity with exam type
Francés: 
Connaissance sur le type d'examen/ test
Alemán: 
Testkenntnis
Italiano: 
Familiarità con il tipo di esame
Polaco: 
Znajomość typu egzaminu
Portugués: 
Familiaridade com o tipo de exame
Ruso: 
Ознакомленность с типом экзамена
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/familiaridade-tipo-exame, con data de acceso 28/03/2024).