Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Estratexias na realización de exames

Definición:

En avaliación e exames, procedementos utilizados á hora de responder ás preguntas dun exame, e que teñen que ver coa súa experiencia previa ante diferentes tipos de probas. Algúns destes procedementos son os seguintes:

  1. a distribución moi meditada do tempo;
  2. a lectura dos enunciados ou instrucións dos exercicios antes dos textos nos que se basean ditos enunciados; e
  3. a eliminación da maior cantidade de respostas alternativas nas preguntas de elección múltiple para logo escoller entre as restantes con maior certeza, etc.

En xeral, estas e outras estratexias facilitan a realización de probas por parte do alumnado.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Bachman, L. F. 1990. Fundamental Considerations in Language Testing. Oxford: Oxford University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Estrategias en la realización de exámenes
Inglés: 
Test-taking strategies
Francés: 
Stratégies dans la réalisation d'examens
Alemán: 
Prüfungsstrategie
Italiano: 
Strategie di superamento di un esame
Polaco: 
Strategia realizacji egzaminów
Portugués: 
Estratégias para a realização de testes
Ruso: 
Стратегия тестирования
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/estratexias-realizacion-exames, con data de acceso 26/04/2024).