Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Estratexia metacognitiva

Definición:

Este tipo de estratexias, xunto coas cognitivas, forman os dous grandes grupos de estratexias de aprendizaxe ás que o alumnado recorre no seu estudo da segunda lingua. As estratexias metacognitivas supoñen por parte do estudante un esforzo consciente para a comprensión do proceso de aprendizaxe, que inclúe a planificación, supervisión e avaliación do proceso, é dicir, son estratexias que utiliza o alumnado para controlar, regular e avaliar a súa propia aprendizaxe.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Oxford, R. L. 1990. Language Learning Strategies. What Every Teacher Should Know. Rowley, Mass.: Newbury House.

O’Malley, J. & Chamot, A. 1990. Learning Strategies in Second Language Acquisition. Cambridge: Cambridge University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Estrategia metacognitiva
Inglés: 
Metacognitive strategy
Francés: 
Stratégie métacognitive
Alemán: 
Metakognitive Strategie
Italiano: 
Strategia metacognitiva
Polaco: 
Strategia metakognitywna
Portugués: 
Estratégia metacognitiva
Ruso: 
Метакогнитивная стратегия
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/estratexia-metacognitiva, con data de acceso 10/12/2024).