Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Coñecemento metacognitivo

Definición:

Coñecemento do aprendiz sobre o funcionamento dos procesos cognitivos. Postúlase, de acordo con isto, que o alumno é capaz de decatarse do seu propio desenvolvemento e progreso na aprendizaxe. Este tipo de coñecemento inclúe as diversas formas nas que as persoas regulan e controlan a súa propia actividade cognitiva, por exemplo, sendo conscientes das súas limitacións (“Non son capaz de facer este tipo de exercicio”), e tamén das súas propias capacidades (“Recordar palabras novas dáseme moi ben”). Ser consciente da necesidade de consultar o significado dunha palabra nun dicionario e o propio acto en si mesmo, por exemplo, non sería posible sen a existencia dun coñecemento metacognitivo.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Cohen, A. D. 2014. Strategies in Learning and Using a Second Language. Oxon: Routledge.

Griffiths, C. 2013. The Strategy Factor in Successful Language Learning. Bristol: Multilingual Matters.

Oxford, R. L. 1990. Language Learning Strategies. What Every Teacher Should Know. Rowley, Mass.: Newbury House.

Wenden, A. 1991. Learner Strategies for Learner Autonomy. Englewood Cliffs, N J: Prentice Hall.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Conocimiento metacognitivo
Inglés: 
Metacognitive knowledge
Francés: 
Connaissance métacognitive
Alemán: 
Metakognitives Wissen
Italiano: 
Conoscenza metacognitiva
Polaco: 
Wiedza metakognitywna
Portugués: 
Conhecimento metacognitivo
Ruso: 
Метакогнитивные знания
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/conecemento-metacognitivo, con data de acceso 29/03/2024).