White, R. 1988. The ELT Curriculum. Design, Innovation and Management. Oxford: Blackwell.
Tamén enfoque en espiral.
Neste tipo de programas as unidades xa estudadas son de novo repasadas polo profesor de xeito periódico. Esta aproximación baséase nunha concepción da aprendizaxe de segundas linguas como un proceso que non é lineal senón cíclico e necesita de cando en vez dunha revisión para a súa asimilación e consolidación. Un bo programa debe incorporar un elemento de revisión e repaso na súa estrutura, xa que se lle debe dar ao alumnado a posibilidade de retomar contidos estudados anteriormente. Por outra banda, este fenómeno tamén ten a súa incidencia na elaboración de materiais didácticos e pode xustificar a inclusión de unidades de repaso que se insiren cada certo tempo nos libros de texto de publicación máis recente. Contrasta cos programas ou aproximacións lineais.