Crystal, D. & Varley, R. 1998. Introduction to Language Pathology. London: Whurr Publishers Ltd. 4th edition.
Ocasionalmente emprégase este termo nun sentido amplo con referencia a un conxunto de trastornos que poden afectar á comprensión da linguaxe escrita. Adoita diferenciarse entre a chamada dislexia evolutiva e a dislexia adquirida. O primeiro destes termos refírese ás dificultades de lectura que experimentan nenos de intelixencia normal en ausencia de factores entorpecedores da aprendizaxe como puidesen ser un medio socialmente inadecuado ou a falta de motivación. A denominación “dislexia adquirida”, empregada en ocasións como simple sinónimo de alexia, designa aqueles trastornos que son resultado dunha lesión cerebral.
Jódar Vicente, M. (coord.). 2005. Trastornos del lenguaje y la memoria. Barcelona: Editorial UOC.
Peña Casanova, J. 1988. Manual de logopedia. Barcelona: Masson.
Smythe, I. 1999. The Dyslexia Handbook. Reading: Pontist Dyslexia Association.