Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Datos multivariados

Definición:

datos que se obteñen a partir de máis dunha variable: por exemplo, se para medir o coñecemento que un estudante ten da lingua estranxeira se lle fixesen exames de expresión e comprensión escrita, así como de gramática, a información obtida resultaría de datos multivariados, porque tería a súa orixe en tres puntuacións distintas (tres variables). En ocasións pode ser necesario reducir os datos procedentes de distintas variables a unha soa. No exemplo anterior, se ademais dos tres exames se incluisen datos doutros factores, como a idade do discente, a súa motivación e o tempo que estivo estudando esa lingua, sería conveniente converter as tres primeiras variables nunha, para dese modo reducir a complexidade dos datos obtidos.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Everitt, B. & Dunn, G. 2001. Applied Multivariate Data Analysis. London: Arnold. 2nd edition.

Woods, A., Fletcher, P. & Hughes, A. 1986. Statistics in Language Studies. Cambridge: Cambridge University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Datos multivariados
Inglés: 
Multivariate data
Francés: 
Données multivariées
Alemán: 
Multivariate Daten
Italiano: 
Dati multivariati
Polaco: 
Danie wielowymiarowe
Portugués: 
Dados multivariados
Ruso: 
Многомерные данные
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/datos-multivariados, con data de acceso 28/03/2024).