Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Curva de aprendizaxe

Definición:

Representación gráfica do proceso de aprendizaxe dun estudante que permite apreciar os seus progresos como consecuencia, por exemplo, do ensino na aula. Nunha curva deste tipo podería mostrarse a evolución dun alumno de inglés como segunda lingua con respecto á aprendizaxe dalgún elemento da gramática (o -s da terceira persoa de presente dos verbos ingleses). A partir dos datos obtidos nunha serie de gravacións realizadas en distintas ocasións (16) abarcando un certo período de tempo (dous meses), utilizaríase unha curva de aprendizaxe para representar a proporción de casos nos que o alumno utiliza as formas sen -s (*she drink) e as formas con -s (she drinks).

Un tipo especial de curva de aprendizaxe é a denominada curva de Melton, que permite comparar datos de suxeitos que necesitan un número distinto de probas ou observacións para decidir que acadaron un certo nivel de actuación (por exemplo, se un alumno precisa tres probas de pares mínimos para identificar un son, e outro necesita cinco). Unha vez achada a cantidade de observacións que require cada individuo, a curva mostrará o número de probas que se requirirá máis ou menos para chegar a un nivel específico. Similar á de Melton é a curva de aprendizaxe de Vincent, onde o período de aprendizaxe de cada suxeito divídese en quintos ou décimos, para a continuación calcular o número de respostas correctas ou incorrectas de cada quinto. A curva mostrará a media de respostas correctas obtidas en cada quinto por todos os individuos.

Bibliografía: 

Yaremko, R. M., Harari, H., Harrison, R. C. & Lynn, E. 1986. Handbook of Research and Qualitative Methods in Psychology: For Students and Professionals. Hillsdale, N J; London: Lawrence Erlbaum.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Curva de aprendizaje
Inglés: 
Learning curve
Francés: 
Courbe d'apprentissage
Alemán: 
Lernerkurve
Italiano: 
Curva di apprendimento
Polaco: 
Krzywa uczenia się
Portugués: 
Curva de aprendizagem
Ruso: 
Кривая обучаемост
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/curva-aprendizaxe, con data de acceso 19/03/2024).