Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Curso tándem

Definición:

Curso de idiomas no que se imparten dúas linguas ao mesmo tempo, é dicir, a aprendizaxe da lingua estranxeira prodúcese en parellas bilingües de linguas modernas diferentes, de maneira que cada un dos integrantes aprende do outro. Neste tipo de curso non só se trata de aprender unha lingua estranxeira, senón de establecer contacto persoal con outro individuo e coa súa contorna cultural, social e profesional. As posibilidades da aprendizaxe en tándem incrementáronse enormemente coa chegada da internet e a utilización das novas tecnoloxías para a aprendizaxe de linguas, o que fai innecesaria a presenza cara a cara para a interacción. As experiencias de aprendizaxe colaborativa en tándem a través de internet permiten desenvolver tanto as competencias escritas, por exemplo a través do correo electrónico, como as orais, a través de videoconferencia (Skype ou outros servizos similares).

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Morán Manso, M. 1999. “La enseñanza del E/LE con la metodología TANDEM”, en Jiménez Juliá, T. & Losada Aldrey, C. (eds.). Español como lengua extranjera: Enfoque comunicativo y gramática. Santiago: Universidade de Santiago, pp. 411-418.

Stickler, U. & Lewis, T. 2008. "Collaborative language learning strategies in an e-mail tandem exchange." in Hurd, S. & Lewis, T. (eds.). Language Learning Strategies in Independent Settings. Bristol: Multilingual Matters.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Curso tándem
Inglés: 
Tandem course
Francés: 
Cours tandem
Alemán: 
Tandem- Unterricht
Italiano: 
Corso tandem
Polaco: 
Kurs tandemowy
Portugués: 
Curso tandem
Ruso: 
Тандем
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/curso-tandem, con data de acceso 19/04/2025).