Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Backchannel

Definición:

No ámbito das novas tecnoloxías e as redes sociais, un backchannel é unha conversa dixital (mantida a través dunha plataforma coma Twitter) que xorde a partir dunha actividade presencial e que se desenvolve paralelamente á actividade en tempo real, de xeito que os usuarios poden unirse a esa conversa e participar coas súas dúbidas ou comentarios. No ámbito do ensino, esta ferramenta pode ser útil porque aumenta o nivel de participación na aula e é un mecanismo de retroalimentación para o docente, xa que lle permite coñecer a opinión e as dúbidas do alumnado e, de ser o caso, axustar o seu método ou o seu discurso.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Elavsky, C. M.; Mislan, C. & Elavsky, S. 2011. “When Talking Less is More: Exploring Outcomes of ‘Twitter’ Usage in the Large-Lecture Hall". Learning, Media and Technology 36/3: 215-233.

Harry, D.; Gordon, E. & Schmandt, C. 2012. “Setting the Stage for Interaction: A Tablet Application to Augment Group Discussion in a Seminar Class". CSCW’12: Proceedings of the ACM 2012 Conference on Computer Supported Cooperative Group. New York: Association for Computing Machinery, pp. 1071-1080.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Backchannel
Inglés: 
Backchannel
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/backchannel, con data de acceso 26/04/2024).