Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Bacharelato Internacional (IB)

Definición:

1. A Organización do Bacharelato Internacional (OBI) ou simplemente Bacharelato Internacional (IB) é unha fundación educativa sen ánimo de lucro fundada en 1968 en Xenebra (Suiza), que ofrece catro programas de formación internacional co obxectivo de promover un desenvolvemento integral das habilidades intelectuais, emocionais, persoais e sociais do alumnado. Para impartir os programas do IB, un centro educativo debe obter a debida autorización, pasando entón a chamarse “Colexio do mundo do IB”. Os programas educativos ofertados son: Programa da Escola primaria (PEP), Programa dos anos intermedios (PAI), programa do Diploma (PD) e Programa de Orientación Profesional (POP). A aprendizaxe da lingua propia e a súa literatura e doutras linguas é un elemento esencial dentro dos programas das diferentes etapas.

Portal da Organización do Bacharelato Internacional: www.ibo.org.es

Bibliografía: 

Orden EDU/1161/2010, de 4 de mayo, por la que se establece el procedimiento para el acceso a la Universidad española por parte de los estudiantes procedentes de sistemas educativos a los que es de aplicación el artículo 38.5 de la Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación.

Real Decreto 412/2014, de 6 de junio, por el que se establece la normativa básica de los procedimientos de admisión a las enseñanzas universitarias oficiales de Grado.

Abreviación de “Programa do Diploma do Bacharelato Internacional”, un programa educativo creado pola fundación Bacharelato Internacional (IB) destinado a alumnos de 16 a 19 anos e que posibilita a obtención do Diploma do Bacharelato Internacional, equivalente ao Título de Bacharel español. Véxase Educación Secundaria Post-Obligatoria (ESPO)
Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Orden EDU/1161/2010, de 4 de mayo, por la que se establece el procedimiento para el acceso a la Universidad española por parte de los estudiantes procedentes de sistemas educativos a los que es de aplicación el artículo 38.5 de la Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación.

Real Decreto 412/2014, de 6 de junio, por el que se establece la normativa básica de los procedimientos de admisión a las enseñanzas universitarias oficiales de Grado.

Correspondencia noutros idiomas
Galego: 
Bacharelato Internacional (IB)
Inglés: 
International Baccalaureate (IB)
Entrada anterior / seguinte:

Cómo citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/bacharelato-internacional-ib, con data de acceso 20/06/2021).