Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Ámbito psicomotor

Definición:

Tamén ámbito psicomotriz.

Conxunto de aspectos e comportamentos motores relacionados directamente co corpo do individuo que xogan un papel fundamental no seu desenvolvemento tanto físico como psicolóxico. Estes dous planos están estreitamente interrelacionados e constitúen a base dos procesos de maduración do ser humano.

O termo psicomotor xorde en Francia a principios do século XX no marco da neuropsiquiatría. O termo psicomotricidade comeza a empregarse en 1920 para poñer de manifesto o alto grao de relación existente entre anomalías psíquicas e motrices. Pero non será ata a obra de Wallon (1934) cando se comece a falar da unidade psicosomática do individuo (unidade entre a actividade psíquica e a motora). Abandónase a concepción dualista do individuo e establécese que o progreso no control dos propios movementos transcorre parello á maduración de aspectos cognitivos e lingüísticos, e que a conduta motora, mediante a súa relación con estes procesos cognitivos e lingüísticos, adquire unha estrutura e un significado, posto que está dotada dunha intencionalidade por parte do individuo. Así pois, o ámbito psicomotriz pertence ao esquema corporal que engloba todos os procesos e mecanismos psicomotrices.

A importancia do dominio psicomotriz en relación cos procesos de adquisición dunha lingua ponse de manifesto sobre todo na adquisición das destrezas de expresión e comprensión da lingua escrita (destrezas de lecto-escritura), así como na existencia de trastornos da aprendizaxe tales como a dislexia, a disgrafia ou as deficiencias de lateralización.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Barca Lozano, A., González Cabanach, R. & Muñoz Cadavid, M. A. 1982. Psicología y psicopatología del lenguaje. A Coruña: Editorial Científico Clínica.

Gearheart, B. R. & Gearheart, C. J. 1989. Learning Disabilities: Educational Strategies. Columbus: Merrill.

Moore, T. E. (ed.) 1973. Cognitive Development and the Acquisition of Language: [Original Papers of a Conference Sponsored by the National Science Foundation and Held at the State University of New York at Buffalo, August 2-5, 1971]. New York: Academic Press.

Wallon, D. 1934. Les onsines des caractère chez l’enfant: Les préludes du sentiment de personnalité. Paris: Boivin, 1934.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Ámbito psicomotor
Inglés: 
Psychomotor domain
Francés: 
Domaine psychomoteur
Alemán: 
Psychomotorische Domäne
Italiano: 
Dominio psicomotorio
Polaco: 
Domena psychoruchowa
Portugués: 
Âmbito psicomotor
Ruso: 
Психомоторный домен
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/ambito-psicomotor, con data de acceso 03/12/2024).