Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Actividade crebacabezas

Definición:

Trátase dun tipo especial de actividade ou tarefa de baleiro informativo, na que o discente precisa información que só posúen outros co fin de completar unha tarefa. Por exemplo, o docente entrega a cada estudante unha lista de pistas coas que conta un detective para resolver un asasinato. A partir de aí cada estudante ten que colaborar de forma activa cos demais membros do grupo para relacionar todas as pistas e así descubrir ao asasino. Cada estudante representa, xa que logo, unha parte do crebacabezas. Ao tratarse dunha actividade na que existe unha negociación de significados e na que todos os estudantes teñen que colaborar de forma obrigatoria, esta actividade é moi común na aprendizaxe cooperativa e no enfoque comunicativo.

Bibliografía: 

Doughty, C. & Pica, T. 1986. “Information Gap Tasks: Do They Facilitate Second Language Acquisition?” TESOL Quarterly 20: 305-24.

Geddes, M. & Sturtridge, G. 1979. Listening Links. London: Heinemann.

Ur, P. 1984. Teaching Listening Comprehension. Cambridge: Cambridge University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Actividad rompecabezas
Inglés: 
Jig-saw activity
Francés: 
Activité casse-tête
Alemán: 
Jig-saw-Aktivität
Italiano: 
Attività puzzle
Polaco: 
Ćwiczenie-łamigłówka
Portugués: 
Atividade quebra-cabeças
Ruso: 
Упражнение - головоломка
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/actividade-crebacabezas, con data de acceso 27/04/2024).