Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Actividade comunicativa

Definición:

De acordo con Littlewood (1981), neste tipo de actividades o alumnado emprega a lingua que aprendeu para transmitir significados concretos cuns obxectivos definidos. Dentro da tipoloxía de actividades comunicativas establecida por este autor, é posible distinguir entre aquelas que son de comunicación funcional e as actividades de interacción social. No caso das primeiras, o obxectivo principal é que o alumno utilice a lingua o máis eficazmente posible, xa que o importante é que o aprendiz logre transmitir o significado que ten na mente. En cambio, o obxectivo principal das actividades de interacción social é a comunicación de significados nunha situación social concreta; é dicir, non abonda con que o alumno saiba expresar unha mensaxe, senón que debe ser quen de facelo segundo as esixencias sociais do contexto no que se atopa. Así, por exemplo, nunha actividade de comunicación funcional, unha parella de alumnos poden establecer un diálogo para resolver unha determinada tarefa (por exemplo, descubrir as diferenzas entre dúas fotos bastante parecidas), pero se queremos engadir á actividade o compoñente de interacción social, este diálogo entre estes dous alumnos debe levarse a cabo de acordo coa relación de amizade existente entre eles, é dicir, de acordo coas normas sociais e co grao de informalidade propio deste tipo de interacción.

Bibliografía: 

Klippel, F. 1991. Keep Talking. Communicative Fluency Activities for Language Teaching. Cambridge: Cambridge University Press. 8th print.

Littlewood, W. 1981. Communicative Language Teaching: An Introduction. Cambridge: Cambridge University Press. (Existe también una versión traducida al español del año 1996 en la misma editorial).

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Actividad comunicativa
Inglés: 
Communicative activity
Francés: 
Activité communicative
Alemán: 
Kommunikative Aktivität
Italiano: 
Attività comunicativa
Polaco: 
Ćwiczenie na komunikację interpersonalną
Portugués: 
Atividade comunicativa
Ruso: 
Коммуникативная деятельность
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/actividade-comunicativa, con data de acceso 18/01/2025).