Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Baleiro informativo

Definición:

Tamén baleiro de información ou diferenza de información.

Baleiro que xorde dunha actividade na que cada estudante ten información que a súa parella ou os seus compañeiros de grupo non posúen. Os estudantes interaccionan para “encher o baleiro”, é dicir, para coñecer a información da que dispón cada membro da parella ou do grupo.

Dentro da práctica do enfoque comunicativo o emprego de actividades deste tipo é moi frecuente, pois se considera que promoven a comunicación real entre os estudantes. Ao existir un baleiro de información, todos os estudantes están motivados para informarse e establecer unha comunicación cos demais. Pola contra, se se fan preguntas uns a outros cando todos posúen a mesma información, a actividade carece de alicientes, volvéndose mecánica e aburrida.

Un exemplo dunha actividadede de baleiro de información sería aquela na que un estudante dispón dunha foto dunha persoa o dunha situación e o outro estudante ten unha folla en branco. O primeiro alumno ten que describir o que aparece na foto sen amosala mentres a outra persoa vai debuxando o que lle din. Ao remate da sesión amósase a foto para ver ata que punto o debuxo que confeccionou o segundo estudante se corresponde coa fotografía do primeiro. Outro exemplo sería un xogo no que dúas persoas teñen unha imaxe fotográfica moi similar pero cunha serie de diferenzas. Os dous estudantes, sen ver o debuxo do outro e mediante preguntas que se fan entre eles, deben atopar as diferenzas e anotalas. Ao remate do exercicio compáranse as dúas fotografías. Estas actividades lévanse a cabo empregando de xeito exclusivo a lingua meta.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Johnson, K. 1982. Communicative Syllabus Design and Methodology. Oxford: Pergamon Institute of English.

Littlewood, W. 1981. Communicative Language Teaching: An Introduction. Cambridge: Cambridge University Press. (Existe también una versión traducida al español del año 1996 en la misma editorial).

Seligson, P. 1997. Helping Students to Speak. London: Richmond.

Widdowson, H. G. 1988. Teaching Language as Communication. Oxford: Oxford University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Vacío informativo
Inglés: 
Information gap
Francés: 
Vide informatif
Alemán: 
Informationsaustausch
Italiano: 
Vuoto di informazione
Portugués: 
Vazio de informação
Ruso: 
Информационный пробел
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/baleiro-informativo, con data de acceso 25/01/2025).