Richards, J. C. & Rodgers, T. S. 1986. Approaches and Methods in Language Teaching: A Description and Analysis. Cambridge: Cambridge University Press.
Acrónimo do inglés equivalente a Teaching of English to Speakers of Other Languages, é dicir “Ensino do inglés a falantes doutras linguas”. Nos Estados Unidos emprégase para facer referencia ao ensino do inglés como segunda lingua ou lingua estranxeira a alumnos que non teñen o inglés como primeira lingua. Polo xeral, estes estudantes pertencen a comunidades de inmigrantes ou a minorías lingüísticas autóctonas. Cada institución docente encárgase de asignar a estes alumnos a programas de TESOL para que acaden o nivel de competencia en lingua inglesa necesario para levar a cabo un programa de estudos normal. O termo empregado no Reino Unido para designar este tipo de programas de ensino do inglés é ELT (acrónimo de English Language Teaching: “Ensino do inglés”).
Saville Troike, M. 1976. Foundations for Teaching English as a Second Language: Theory and Method for Multicultural Education. Englewood Cliffs: Prentice Hall.