Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

TESL

Definición:

Acrónimo do inglés equivalente a Teaching of English as a Second Language, é dicir, “Ensino do inglés como segunda lingua”, empregado para describir situacións nas que se imparte a lingua inglesa a falantes doutras linguas. Adoita empregarse tamén como termo xenérico para facer referencia tanto ao ensino do inglés como segunda lingua como ao ensino do inglés como lingua estranxeira, dado que os métodos, estratexias e técnicas didácticas empregadas nos dous casos son fundamentalmente os mesmos.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Harrison, B. 1973. English as a Second and Foreign Language. London: Edward Arnold.

Richards, J. C. & Rodgers, T. S. 1986. Approaches and Methods in Language Teaching: A Description and Analysis. Cambridge: Cambridge University Press.

Rivers, W. M. 1981. Teaching Foreign Language Skills. Chicago: University of Chicago Press. 2nd edition.

Strevens, P. 1980. Teaching English as an International Language: From Practice to Principle. Oxford: Pergamon Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Enseñanza del inglés como segunda lengua
Inglés: 
TESL (Teaching English as a Second Language)
Ruso: 
Преподавание английского как второго языка
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/tesl, con data de acceso 14/01/2025).