France, P. (ed.) 2000. The Oxford Guide to Literature in English Translation. Oxford: Oxford University Press.
Este termo, acuñado por William Frawley en 1984, fai referencia ao discurso característico das traducións. A forma gramatical e retórica do texto, tanto na lingua orixe como na lingua meta, son o medio de transmisión dos significados ou contidos. Unha tradución trata de integrar eses dous elementos de xeito que o produto resultante sexa o máis fiel posible ao contido do texto orixinal e á forma da lingua meta. Sen embargo, dado que o devandito produto está sempre a medio camiño entre dous sistemas semióticos que integran elementos lingüísticos (significantes e significados) e contidos de carácter cultural, o resultado é un texto con normas específicas e rasgos morfosintácticos, semánticos e pragmáticos propios, diferentes dos que posúen tanto a lingua orixe como a lingua meta, e que o caracterizan como tradución.
Shuttleworth, M. & Cowie, M. 1997. Dictionary of Translation Studies. Manchester: St. Jerome Publishing.
Toury, G. 1980. In Search of a Theory of Translation. Tel Aviv: The Porter Institute for Poetics and Semiotics.