Dooly, M. & López Vera, M. 2024. "La realidad virtual (RV) en el aula de la lengua inglesa: un estudio etnográfico". Didáctica. Lengua y Literatura 36: 201-213.
A realidade virtual (RV) é unha tecnoloxía que crea experiencias inmersivas simuladas por ordenador, permitindo aos usuarios interactuar con contornas virtuais como se fosen reais. A RV funcional creando unha ilusión de realidade mediante a presentación de imaxes 3D e son envolvente a través de dispositivos como gafas ou cascos, e en algúns casos, luvas ou outros sensores, coa fin de permitir a interacción co mundo virtual e crear a sensación de inmersión .
As plataforma de RV, como Immerse, VirtualSpeech e Mondly VR, ofrecen contornas inmersivas para a aprendizaxe de linguas, permitindo aos estudantes interactuar en escenarios simulados (entrevistas, reunións, etc.) e practicar en situacións reais (por exemplo, pedir comida, direccións ou información) o que aumenta a motivación, a retención e a confianza no uso do idioma.
É importante distinguir entre realidade virtual e realidade aumentada (RA). Mentres que a RV crea unha contorna completamente virtual, a realidade aumentada é unha tecnoloxía que superpón información dixital, como imaxes, vídeos, obxectos 3D ou texto, ao mundo real, a través de dispositivos como tabletas ou teléfonos intelixentes, mellorando así a percepción da contorna. Dese modo, a RA permite interactuar co mundo real e elementos virtuais superpostos. No ámbito do ensino de linguas, a RA ofrece experiencias interactivas e contextualizadas que melloran a comprensión e retención do vocabulario e a gramática. Aplicacións como Mondly AR permiten simular situacións cun asistente virtual que interacciona co usuario, e AR Translator utiliza realidade aumentada para traducir texto, voz e imaxes en tempo real, permitindo, por exemplo, identificar obxectos reais coa cámara do dispositivo e superpoñer a tradución dos seus nomes sobre as imaxes.
Dooly, M., Thrasher, T. & Sadler, R. 2023. ""Whoa! Incredible!": Language learning experiences in virtual reality". RELC Journal 54/2: 321-339.
Moreno Martínez, N. M. & Galván Malagón, M. C. 2020. "Realidad aumentada y realidad virtual para la creación de escenarios de aprendizaje de la lengua inglesa desde un enfoque comunicativo". Didáctica, innovación y multimedia 38.
Ordóñez-Procel, G. J., Freire-Medina, M. L., Ortiz-Joutteaux, M. R. & Herrera-Lopez, A. P. 2023. "Realidad virtual en la enseñanza del inglés: inmersión y práctica". MQRInvestigar 7/2: 1680-1702.