Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Programa procedemental

Definición:

Tipo de programa centrado no proceso, semellante na súa concepción ao programa por tarefas, que tivo a súa orixe no traballo de Prabhu (1987) e os seus colaboradores en Bangalore (India); por iso é polo que tamén se coñece como o proxecto de Bangalore. A diferenza doutros enfoques centrados en tarefas, Prabhu rexeitaba calquera tipo de explicación metalingüística ou alusión explícita aos aspectos formais da lingua, poñendo a énfase na transmisión de significados para resolver o baleiro informativo que constituía o eixo da tarefa.

Bibliografía: 

Prabhu, N. 1987. Second Language Pedagogy. Oxford: Oxford University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Programa procedimental
Inglés: 
Procedural syllabus
Francés: 
Programme méthodique
Alemán: 
Prozessorientierter Lehrplan
Italiano: 
Programma di procedimento
Portugués: 
Programa procedimental
Ruso: 
Программа основанная на процессе
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/programa-procedemental, con data de acceso 08/11/2024).