Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Modelo de competencia variable

Definición:

modelo ou teoría de aprendizaxe de segundas linguas cuxo propósito consiste en explicar a variabilidade que se detecta na lingua do aprendiz. Segundo este modelo, a devantdita variabilidade responde en realidade á forma tan diversa na que se produce a competencia lingüística do alumno. O desenvolvemento da segunda lingua pódese producir de dous xeitos:

  1. o estudante aprende a activar estruturas e regras accesibles no discurso planificado para ser utilizadas no discurso non planificado, entendendo por discurso planificado aquel sobre o que se reflexiona antes de expresalo, e por non planificado aquel que non require preparación previa;
  2. as regras da segunda lingua apréndense participando en distintos tipos de discurso; esta segunda forma de desenvolvemento foi estudada por Ellis (1985a), que ten sinalado que a variabilidade libre constitúe o punto de partida da teoría sobre como o aprendiz constrúe os sistemas de variabilidade na interlinguaxe que resultan da súa participación en diferentes tipos de discurso.
Bibliografía: 

Ellis, R. 1985a. “Sources of Variability in Interlanguage.” Applied Linguistics 6: 118-131.

Ellis, R. 1994. The Study of Second Language Acquisition. Oxford: Oxford University Press.

Tarone, E. 1983. “On the Variability of Interlanguage Systems”. Applied Linguistics 4: 143-63. (Traducido al español en Liceras, J., 1992).

Tarone, E. 1988. Variation in Interlanguage. London: Edward Arnold.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Modelo de competencia variable
Inglés: 
Variable competence model
Francés: 
Modèle de compétence variable
Alemán: 
Modell der variablen Kompetenz
Italiano: 
Modello di competenza variabile
Polaco: 
Model uzdolnień językowych
Portugués: 
Modelo de competência variável
Ruso: 
Модель вариативной компетенции
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/modelo-competencia-variable, con data de acceso 25/04/2024).