Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Enfoque de comprensión oral

Definición:

Aproximación ao ensino de linguas que presenta as seguintes características:

  1. a capacidade de comprensión precede á de produción na aprendizaxe dunha lingua;
  2. o ensino da expresión oral debe atrasarse ata que as destrezas de comprensión estean establecidas;
  3. as capacidades adquiridas por medio da comprensión oral transfírense a outras destrezas;
  4. o ensino debe prestar máis atención ao significado que á forma; e, para rematar,
  5. o ensino debe minimizar a tensión do aprendiz á hora de usar a lingua.

Tal como se pode desprender dos principios anteriores, este enfoque trata de reflectir nas súas formulacións o xeito en que aprendemos a nosa lingua materna na infancia.

Bibliografía: 

Winitz, H. (ed.) 1981a. The Comprehension Approach to Foreign Language Instruction. Rowley, MA: Newbury House.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Enfoque de comprensión oral
Inglés: 
Comprehension approach
Francés: 
Approche de compréhension orale
Alemán: 
Vom Hörverstehen ausgehender Ansatz
Italiano: 
Approccio di comprensione orale
Portugués: 
Enfoque na compreensão
Ruso: 
Понимающий подход (метод понимания)
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/enfoque-comprension-oral, con data de acceso 19/09/2024).