Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Crenzas dos estudantes

Definición:

Enraizadas na Psicoloxía, as crenzas (tamén chamadas supostos, ideas, mitos, teorías en acción ou coñecemento metacognitivo) dos/das estudantes enténdense como un conxunto de ideas preconcibidas e nocións sobre a aprendizaxe de idiomas que teñen os/as estudantes, as cales abarcan aspectos cognitivos e afectivos como a valoración do/a estudante de si mesmo como aprendente, a forma na que se aprende e se ensina un idioman, o seu grao de dificultade, e a aptitude para aprendelo. A pesar de ser dinámicas e influenciables, e dependentes do contexto social e cultural, o estudo das crenzas se considéra un factor moi importante pois se comprobou que teñen un gran peso tanto na conduta e experiencia de aprendizaxe, como nas expectativas do aprendente e a súa actitude e motivación cara ao idioma.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Barcelos, A. M. F. 2003. "Researching beliefs about SLA: A critical review", in Kalaja P. & Barcelos A.M.F. (eds.). Beliefs about SLA: New Research Approaches. New York: Springer, pp. 7-33.

Ellis, R. 2008. "Learner Beliefs and Language Learning". Asian EFL Journal 10/4: 7-25.

Horwitz, E. K. 1988. "The Beliefs about Language Learning of Beginning University Foreign Language Students". The Modern Language Journal 72/3: 283-294.

Uribe, D; Gutiérrez, J. & Madrid, D. 2008. "Students' attitudes towards learning English as a foreign language: Sample study in the south of Spain". Porta Linguarum 10: 85-100.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Creencias de los estudiantes
Inglés: 
Students' beliefs
Ruso: 
Убеждения студентов
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/crenzas-estudantes, con data de acceso 11/09/2024).