Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Crenzas dos profesores

Definición:

Algunhas investigacións levadas a cabo sobre esta cuestión poñen claramente de manifesto que as crenzas dos profesores, que normalmente están ligadas aos seus valores e á súa visión do mundo, exercen unha influencia importante sobre o proceso de ensino. De acordo con Williams e Burden (1997), as crenzas que teñan os profesores sobre a aprendizaxe dun idioma, sobre a linguaxe e a educación en xeral estarán máis presentes na aula que un determinado método ou libro de texto que teñan que seguir. Os autores arriba mencionados distinguen tres tipos fundamentais de crenzas do profesor:

  1. crenzas respecto dos alumnos, en función da percepción que teña destes como estudantes remisos, pasivos, materia prima, clientes, compañeiros;
  2. crenzas respecto á aprendizaxe, que pode ser visto ou equiparado como memorización, abstracción de significado, forma de cambio persoal, proceso de interpretación da realidade, etc.; e
  3. crenzas dos profesores sobre si mesmos.
Bibliografía: 

Williams, M. & Burden, R. L. 1997. Psychology for Language Teachers. A Social Constructivist Approach. Cambridge: Cambridge University Press, 1997. (Traducción al español a cargo de Alejandro Varela, publicada en 1999 por la misma editorial).

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Creencias de los profesores
Inglés: 
Teachers' beliefs
Francés: 
Croyances des professeurs
Alemán: 
Lehrerglaube
Italiano: 
Convinzione degli insegnati
Polaco: 
Poglądy nauczycieli
Portugués: 
Crenças do professor
Ruso: 
Убеждения педагогов
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/crenzas-profesores, con data de acceso 06/12/2024).