Milroy, L. 1984. “Comprehension and Context: Successful Communication and Communicative Breakdown”, in Trudgill, P. (ed.). Applied Sociolinguistics. London: Academic Press, pp. 7-31.
Interpretación errónea do sentido ou a intención dun enunciado por parte dalgún dos participantes nunha interacción comunicativa, xeralmente como consecuencia de diferenzas dialectais entre os interlocutores ou da transferencia sociolingüística. O seguinte exemplo ilustrativo é comentado por Milroy (1984), quen o recolleu durante o seu traballo de campo en Belfast (Irlanda do Norte). A diferenza do inglés estándar, que non marca a categoría gramatical de número no pronome persoal de segunda persoa, you, a variedade non estándar norirlandesa posúe formas distintas para o singular (you) e para o plural (youse). Como consecuencia desta diferenza, cando esta investigadora saudaba a un grupo de falantes do dialecto local coa expresión estándar, How are you? (“Como estades?”), provocaba certo desconcerto e xeralmente non obtiña resposta, xa que o saúdo esperado debía conter un pronombre en plural: How are youse doing? (“Como vos vai?”).
Tzanne, A. 2000.Talking at cross purposes: The Dynamics of Miscommunication. Amsterdam: John Benjamins.